Awake é un filme estadounidense dirixido por Joby Harold que se estreou no 2007. Está protagonizado por Hayden Christensen, Jessica Alba, Terrence Howard e Lena Olin. O filme foi estreado nos Estados Unidos e no Canadá o 30 de novembro de 2007.

Sinopse Clay Beresford (Hayden Christensen) é un mozo multimillonario que debe someterse a un transplante de corazón. Para iso, deixa que o seu mellor amigo, o doutor Jack Harper (Terrence Howard), sexa o encargado de realizar a operación. Durante a intervención, Clay experimenta un estraño fenómeno que lle fai estar consciente e completamente paralizado mentres o operan. Namentres, a súa moza, Sam (Jessica Alba) debe facer fronte a unha serie de decisións que serán determinantes para o futuro de Clay. Segundo transcorre a intervención, todo da un xiro, facendo que nada sexa o que en principio semellaba.

Personaxes Hayden Christensen como Clay Beresford, Jr. Jessica Alba como Samantha "Sam" Lockwood/Tunnel Terrence Howard como Dr. Jack Harper Lena Olin como Lilith Beresford Fisher Stevens como Dr. Puttnam Arliss Howard como Dr. Neyer Christopher McDonald como Dr. Larry Lupin Georgina Chapman como Enfermeira Penny Carver Sam Robards como Clay Beresford, Sr. Steven Hinkle como Clay de neno

Galardóns e nomeamentos 2007: 2 nomeamentos ós Premios Razzie, incluíndo peor actriz (Jessica Alba).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de The Weinstein Company Categoría:Filmes sobre temas médicos