Venancio Isidro Lorenzo Rodríguez, finado o 7 de setembro de 1909Necrolóxica en Galicia Nueva, 12-9-1909, p. 1., foi un político galego.

Traxectoria Fillo do perito agrónomo Manuel Lorenzo Rodríguez e irmán de Tirso Lorenzo Rodríguez. Foi vicecónsul de Portugal en Tui. Representante da política de Ezequiel Ordóñez González, foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Tui (1893) e foi nomeado alcalde de Tui a finais de decembro de 1893.El Lucense, 28-12-1893, p. 3. Foi deputado provincial en 1896, 1901 e 1905. Volveu ser alcalde de Tui do 1 de xullo de 1909 ata o seu falecemento o 9 de setembro dese ano. Organizou e dirixiu os periódicos El Vencejo e El Aloya.

Vida persoal Casou en 1893 con Inés Álvarez FonterosaGaceta de Galicia, 17-1-1893, p. 2..

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Tui Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Finados en 1909