O inflatoplano foi un avión experimental inflábel deseñado pola empresa estadounidense Goodyear. Aínda se pode contemplar no museo da aviación militar de Alabama.
Recentemente retomouse esta idea, combinándoa con novos materiais intelixentes, permitindo a concepción de ás inflábeis que poden variar a súa forma e tamaño para axeitar as súas propiedades aerodinámicas ás necesidades de cada momento.
Outra liña de investigación inclúe o uso de materiais que mediante certas reaccións físico químicas poden pasar de ser flexíbeis a ríxidos, permitindo así que o avión, unha vez inflado, poida converterse en ríxido.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina dedicada ao modelo . Colección fotográfica da NASA Ensaio sobre aeronaves inflábeis (formato PDF) .
Categoría:Aeronaves