Rose Eleanor Arbuthnot-Leslie, nada o 9 de febreiro de 1987 en Aberdeen, é unha actriz escocesa de televisión e teatro.
Traxectoria Naceu en Aberdeen, e medrou no castelo de Lickleyhead, propiedade ancestral da súa familia dende o século XV. O seu pai, Sebastian Arbuthnot-Leslie, é o Xefe do Clan Leslie en Aberdeenshire, e a súa nai é Candida "Candy" Leslie (Candida Mary Sibyl Weld de solteira). Leslie é a terceira de cinco irmáns. A familia tamén posúe o Castelo Warthill en Rayne, Aberdeenshire. O seu tataratataravó foi Guillermo de Landa y Escandón, alcalde da Cidade de México.Obituary for Mary Luz Arbuthnot-Leslie
Leslie fixo o seu debut en 2009 co telefilme New Town, polo que gañou o BAFTA Scotland á mellor interpretación. Entre setembro e outubro de 2010, apareceu no Teatro do Globo coa obra de teatro Bedlam de Nell Leyshon. Tamén interpretou a personaxe de Gwen na serie Downton Abbey. Recentemente está a traballar na serie da HBO Game of Thrones, na que interpreta a Ygritte.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 2008 Banged Up Abroad Kim Serie documental, episodio 3.2: "Lima" 2009 New Town Rhian 2010 Downton Abbey Gwen Dawson Serie de televisión, episodios 1.1–7 2011 Case Histories Laura Wyre Serie de televisión, episodes 1.1–2 2012 Vera Lena Holgate Serie de televisión, episodIO 2.1: "The Ghost Position" 2012–presente Game of Thrones Ygritte Serie de televisión
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Actores de cinema de Escocia Categoría:Actores de teatro de Escocia Categoría:Actores de televisión de Escocia Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Aberdeen