Paul Davis, nado o 21 de xullo de 1984 en Rochester, Míchigan, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha estatura de 2,11 metros xogaba nas posicións de ala-pivote e de pivote.
Traxectoria NBA O 28 de xuño de 2006, Davis foi seleccionado na 34ª posición polos Los Angeles Clippers no Draft da NBA de 2006. Tras dúas tempadas nos Clippers, converteuse en axente libre restrinxido ó remate da tempada 2007-08. Clippers renunciou ós seus dereitos, pero o ficharon de novo o 18 de agosto de 2008. Foi cortado polos Clippers en xaneiro de 2009.Clippers Waive Paul Davis and Fred Jones
O 25 de setembro de 2009, Davis asinou cos Washington Wizards. Foi cortado o 11 de novembro de 2009, cando os Wizards ficharon ó base Earl Boykins.Wizards sign guard Boykins
Europa O 8 de abril de 2010, Davis fichou polo Xacobeo Blu:Sens ata final de tempada. Contribuíu con 13.2 puntos e 7.7 rebotes por partido, pero o Obradoiro acabaría descendendo á Liga LEB Ouro tras unha tempada na ACB.
En setembro de 2010, fichou polo CB Sevilla. Na súa segunda tempada en Sevilla, disputou por primeira vez os playoffs da ACB, nos que o Cajasol Banca Cívica perdeu na primeira rolda contra o Real Madrid por 2-0. Davis acadou 6.5 puntos e 6 rebotes por partido en playoffs.
Tras dúas tempadas en Sevilla, en maio de 2012 fichou polo BC Khimki ruso.BC Khimki adds Paul Davis
Estatísticas NBA Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2006-07 L.A. Clippers 31 5.8 .423 .000 .700 1.4 0.2 0.2 0.2 1.6 2007-08 L.A. Clippers 22 8.8 .369 .000 .600 2.1 0.5 0.3 0.3 2.5 2008-09 L.A. Clippers 27 11.9 .408 .000 .794 2.5 0.4 0.4 0.1 4.0 2009-10 Washington 2 4.0 .500 .000 .500 0.0 1.5 0.0 0.5 2.5 Total 82 8.6 .402 .000 .732 1.9 0.4 0.3 0.2 2.6
ACB Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2009-10 Obradoiro 6 24.0 .470 1.000 .830 7.7 1.3 1.3 0.8 13.2 2010-11 Sevilla 33 20.0 .540 .000 .750 5.3 0.6 1.5 0.5 13.2 2011-12 Sevilla 29 22.0 .550 .000 .760 7.4 1.4 1.1 0.4 14.6 Total 68 22.0 .520 .333 .780 6.8 1.1 1.3 0.6 13.7
Euroliga Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2012-13 Khimki 23 19.6 .605 1.000 .855 5.5 1.3 0.9 1.0 13.4 Total 23 19.6 .605 1.000 .855 5.5 1.3 0.9 1.0 13.4
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en ACB.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados no condado de Oakland, Míchigan Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Xogadores do BC Khimki