Élisabeth Badinter, nada en Boulogne-Billancourt (Altos do Sena, Illa de Francia) o 5 de marzo de 1944 é unha escritora e pensadora francesa.

Traxectoria É catedrática na Escola Politécnica de París e membro do comité científico da Biblioteca Nacional de Francia. Na súa faceta como historiadora salienta como especialista na Ilustración. É tamén expoñente do pensamento feminista. Ten reflexionado sobre a identidade de xénero e a maternidade, defendendo o feminismo como opción intelectual a prol da emancipación da muller como ser independente.

Obras XY de l´identidé masculine Fausse Route Le conflit, la femme, la mere

Notas

Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Filósofos de Francia Categoría:Nados en Boulogne-Billancourt Categoría:Nados en 1944 Categoría:Feministas de Francia