Ecos de Orense foi un periódico editado en Ourense entre 1910 e 1911. Historia e características Apareceu a principios de xullo de 1910.El Globo, 9-7-1910, p. 1. Foi bisemanario e logo semanario. De tendencia católica, estaba promovido por Arturo Salgado Biempica e dirixido por Higinio Ameijeiras. Entre os seus colaboradores figuraron José Fernández Gallego e Marcial Ginzo Soto. En abril de 1911 anunciou a suspensión temporal para converterse en diario.El Noroeste, 19-4-1911, p. 1. Non hai novas sobre esa saída como diario.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1910 en Galicia