Non confundir con "néboda", de nome científico Potentilla erecta
A nébeda ou calaminta (Calamintha nepeta (L.) Savi 1798) é unha especie botánica herbácea perenne. É un membro da familia das mentas, e é usada en Galicia para cocer coas castañas e facelas máis dixestíbeis. Tamén é común na cociña italiana onde lle chaman mentuccia, nipitella ou nepitella. En galego tamén recibe como nomes calaminta e a variante néboda.
Distribución É nativa do norte de África (Alxeria, Marrocos, Tunisia); oeste asiáico: (Turquía), Cáucaso (Armenia, Azerbaidján, Xeorxia, Rusia, Ciscaucasia, Daxestan); Europa: Reino Unido, Austria, Hungría, Suíza, Moldova, Ucraína [incl. Crimea], Albania, Bulgaria; Grecia [incl. Creta]; Italia [incl. Sardeña, Sicilia]; Iugoslavia, Francia [incl. Córsega]; España [incl. Baleares, Portugal. Tamén aparece en Galiza.)
Hábitat Medra en bosques pouco mestos, sebes e lugares incultos, ao pé dos valados e muros.
Descrición É unha herba perenne, fanerógama da familia das labiadas, vivaz, moi ramificada, de 40 a 80 cm de altura, coas follas opostas, as flores brancas ou purpúreas reunidas nunha inflorescencia espiciforme e cun cheiro agradable e intenso.
Subespecies Satureja calamintha glandulosa: baixo cecemento, moi recendente, sur de Europa e Gran Bretaña Satureja calamintha officinalis: perenne, con cheiro a menta, de centro e sur de Europa
Usos Planta ornamental, e medicinal. Úsase para a cocedura das castañas xunto a outras herbas como o fiúncho. Os seus compostos químicos son mentol, pulegona e piperitona.
Propiedades Principios activos: A esencia contén até o 57% de pulegona, l-mentona e l-alfa-pineno.
Indicacións: é tónico, estomacal, sudorífico, carminativo, antiespasmódico, expectorante, adstrinxente, emenagogo.
Cocemento: Unha chisca de follas nunha cunca de auga a ferver.
Sinonimia Calamintha officinalis (L.) Savi Calamintha nepetoides Jord. Satureja calamintha (L.) Scheele Clinopodium nepeta (L.) Kuntze Melissa calamintha Melissa nepeta L. (basónimo) Satureja calamintha (L.) Scheele var. nepeta (L.) Briq. Satureja calamintha (L.) Scheele var. nepetoides (Jord.) Briq. Satureja nepeta (L.) Scheele Calamintha byzantina K.Koch Calamintha glandulosa (Req.) Bentham Calamintha nepeta subsp. glandulosa (Req.) P.W.Ball Calamintha officinalis subsp. glandulosa (Req.) P.Fourn. Calamintha officinalis Moench Calamintha spruneri Boiss. Satureja glandulosa (Req.) CaruelSinónimos en Real Jardín Botánico
Notas
Véxase tamén
Bibliografía USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Ligazóns externas Debuxos da especie Imaxes da especie Ficha en USDA National Plant Data Center Calamintha nepeta (L.) Savi en Germplasm Resources Information Network GRIN
Categoría:Herbas aromáticas Categoría:Calamintha Categoría:Especias Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Galicia