Juan Barcia Caballero, nado en Santiago de Compostela en 1852 e finado na mesma cidade o 10 de outubro de 1926, foi un médico e escritor galego.

Traxectoria Fillo de Juan Ramón de Barcia Nalda (1825-1902). Estudou medicina en Santiago de Compostela e Madrid e foi catedrático nas universidades de Granada e Santiago de Compostela e director do Hospital de San Roque e do Manicomio de Conxo. Fundou El Porvenir, foi redactor de El Libredón, e colaborou en O Novo Galiciano, El Ciclón, El Eco de Santiago, El Cínife, As Burgas e El Diario de Orense. De ideoloxía rexionalista participou na constitución da Asociación Regionalista Gallega e colaborou en Acción Gallega. páxina=221|miniatura|dereita|260px|Apéndice de En las orillas del Sar de Rosalía Castro de Murguía, na edición de 1909, por J. Barcia Caballero.

Dirixiu a revista médica La Crónica. Publicou Programa de Anatomía Práctica (1883) e Anatomía Práctica (1898, en colaboración con Vicente Goyanes Cedrón) e escribiu varios traballos en De re phrenopatica no eido da Psiquiatría (1915). Foi o tradutor ao galego do texto latino do Terceiro Concilio de Toledo para a edición políglota de 1891.

En 1912 deu o discurso de apertura do curso universitario 1912-1913 da Universidade de Santiago de Compostela coa lectura de La Locura y la Libertad. Foi pai do tamén médico e escritor Juan Barcia Eleizegui.

Obra La cuestión palpitante. Cartas amistosas a la Sra. Dª Emilia Pardo Bazán, 1881. Mesa revuelta. Ensayos literarios, 1883 (bilingüe galego-castelán). Rimas, 1891 (poesía, en galego, Biblioteca Gallega). Dos almas, 1907 (novela, en colaboración co seu fillo Juan Barcia Eleizegui). El señor Nin, 1922 (novela, en colaboración co seu fillo Juan Barcia Eleizegui). Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Psiquiatras de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1852 Categoría:Irmandades da Fala Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público