dereita|miniatura|San Tirso SD na Copa do Rei 2024-25. dereita|miniatura|Campo do Monte. O San Tirso Sociedad Deportiva é un club de fútbol galego, da parroquia de Mabegondo, no concello de Abegondo. Foi fundado en 1940 e compite no Grupo 1 da Preferente Galicia.

Historia Foi fundado en 1940 e catro anos despois conseguiu o ascenso á Primeira División da liga das Mariñas. Na tempada 1977/78, con Paco Lodeiro como adestrador, obtivo o seu primeiro ascenso á Primeira Rexional. En 1981 proclamouse por primeira vez campión da Copa da Coruña, tras vencer na final ao Español SD, e dous anos despois gañou a renacida Copa Galicia.

En 2014 logrou o ascenso a Preferente, e aínda que volveu descender ao ano seguinte, regresou en 2017, conseguindo desta vez asentarse na categoría. Na tempada 2023/24 viviu a súa campaña máis gloriosa, coa conquista de tres títulos: Copa da Coruña, Copa Deputación e a primeira edición da Supercopa de Galicia (derrotando na final desta última ao Cultural Areas). Na tempada 2024-25 participou na Copa do Rei de Fútbol, e tras eliminar o Selaya FC na rolda preliminar, enfrontouse ao RCD Espanyol no Estadio de Riazor.

Datos do club Historial na liga TempadaCategoríaPosto2010/111ª Autonómica2011/122ª Autonómica2012/131ª Autonómica2013/14Preferente2014/151ª Autonómica2º2015/161ª Autonómica10º2016/171ª Autonómica2017/18Preferente11º2018/19Preferente12º2019/20Preferente12º2020/21Preferente2021/22Preferente / 2022/23Preferente5º2023/24Preferente4º2024/25Preferente4º2025/26Preferente4º

Palmarés Primeira Galicia (1): 2012/13. Copa Galicia (1): 1982/83. Supercopa de Galicia (1): 2024. Copa Deputación da Coruña (1): 2024. Copa da Coruña (4): 1981, 2019, 2024, 2026.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do equipo en lapreferente.com

Categoría:Equipos de fútbol da provincia da Coruña Categoría:Deporte en Abegondo