Benito Vigo Munilla, nado en Sisán (Ribadumia) en 1875, foi un político galego.

Traxectoria Fillo de Cándido Vigo e Balbina Munilla, en 1898 establécese na Estrada como perito agrícola. Presidiu o Gimnasio entre 1917 e 1918. Foi nomeado fiscal suplente do Xulgado municipal para o cuadrienio 1921-24 e outra vez en 1930. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde da Estrada o 4 de febreiro de 1924 e permaneceu no posto ata finais de marzo de 1930. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro e primeiro tenente de alcalde da Estrada en decembro de 1937.Faro de Vigo, 29-12-1937, p. 2.

Vida persoal

Casou en 1901 con María Girbau Chundurreta, e foi pai de Manuela, Balbina e Cándido Vigo Girbau. Notas

Véxase tamén Bibliografía Alcaldes estradenses

Categoría:Alcaldes da Estrada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Ribadumia Categoría:Nados en 1875