Francisco Marhuenda García, nado en Barcelona o 12 de xaneiro de 1961, é un avogado español, actual director do diario La Razón.

Biografía Francisco Marhuenda é Doutor en Dereito e licenciado en Periodismo, adicándose tamén á vida política.

En febreiro de 2008 foi nomeado director de La Razón por acordo do Consello de Administración. Tamén é persoal docente na Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid.

Periodista Traballou no ABC, ademais de colaborar en Economist & Jurist e El noticiero universal. Tras un período traballando no Goberno, volveu exercer como xornalista e incorporouse en 2001 a La Razón como subdirector en Cataluña. En febreiro de 2008, sete anos máis tarde, foi elixido Director do periódico, substituíndo a José Alejandro Vara.

É colaborador en diferentes programas de radio e televisión, como Julia en la Onda (Onda Cero, 2010-2011), La linterna (Cadena COPE, desde 2010), La Mañana (Cadena COPE, desde 2010), El món a Rac 1 (Rac 1 ), 59 segundos (TVE, 2008-2012), Los desayunos de TVE (desde 2009), El debate de La 1 (TVE), Espejo Público (Antena 3) ou Al rojo vivo (laSexta, desde 2012).

O 1 de febreiro de 2013, a raíz da publicación dun comentario editorial seu, exculpatorio do Presidente do Goberno sobre o "Caso Bárcenas" no xornal que dirixe, "La Razón" (http://www.larazon.es/detalle_opinion/noticias/919610/opinion+columnistas/causa-general-contra-el-pp ), suscitou unha enorme polémica, ao considerar moitas das opinións posteriores, que o seu artigo carecía de falta de obxectividade.

Profesor universitario Desde 1993 exerce como profesor en distintas universidades españolas. Foi profesor de Comunicación e Dereito da Información na Universitat Abat Oliva e profesor de Dereito Constitucional na Universidade Autónoma de Barcelona. En outubro de 2018 foi nomeado profesor titular na Universidade Rei Xoán Carlos.

Política Nos anos 1970 formou parte do Comité Executivo das Xuventudes de UCD. En 1995 afiliouse ao Partido Popular e resultou elixido deputado deste partido no Parlamento de Cataluña o 19 de novembro dese mesmo ano. O 10 de maio de 1996, cando o PP gañou as eleccións xerais, o Consello de Ministros nomeouno Director do gabinete do ministro de Administracións Públicas, baixo as ordes do que, anos despois, sería presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Continuou no mesmo cargo xunto a Rajoy cando este, en 1999, foi nomeado Ministro de Educación e Cultura. Cando Rajoy era Ministro da Presidencia, Marhuenda foi nomeado, o 5 de maio de 2000, Director Xeral de Relacións coas Cortes en dito Departamento. Exerceu o cargo durante algo menos dun ano.

Premios Antena de Ouro (2007)

Notas

Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1961 Categoría:Xornalistas de Cataluña Categoría:Políticos do PP Categoría:Políticos de UCD Categoría:Profesores da Universidade Rei Xoán Carlos Categoría:Alumnos da Universidade San Pablo CEU Categoría:Profesores da Universidade Autónoma de Barcelona