Chuluuny Khulan (en ), nada o 30 de maio de 1985 en Kharkhorin, é unha actriz mongol que acadou o recoñecemento internacional co papel de Börte, a muller de Xenxis Khan, no filme de 2007 nomeado ó Óscar Mongol.

Traxectoria Khulan era unha estudante en 2006 coa esperanza de unirse ás forzas armadas do país e matricularse nunha escola militar, cando foi descuberta por Guka Omarova, a axente de casting de Mongol, mentres se atopaba nunha liña de visado na embaixada chinesa en Ulán Bátor. Bodrov e Omarova querían elixir a unha muller mongol como esposa de Xenxis Khan, mais cando faltaban dúas semanas para a rodaxe, non estaban seguros das súas eleccións. Despois de reunirse con ela, Bodrov decidiu arriscar coa actriz non profesional e, posteriormente, elixiuna no papel de Börte.

Khulan foi asistente do director no filme kazako de 2009 Lave (en ) e nos filmes kazakos de 2012 Shal (en ) e Mech Pobedy (en ). Protagonizou a raíña dos Oirats na produción de televisión kazaka de 2017 The Kazakh Khanate.

Tamén interpretou unha guerreira escita nun documental para o Instituto Smithsoniano.

Vida persoal Khulan coñeceu a Naryn Igilik, asistente kazako de Bodrov, mentres estaba no set de Mongol. Máis tarde, a parella casou como parte das celebracións da noite de estrea do filme en Kazakhstán. Ela e o seu marido residen agora en Kazakhstán, preto de Almati.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Actores de Mongolia Categoría:Nados en Mongolia Categoría:Nados en 1985