Coursera (/kɔrsˈɛrə/) é unha plataforma educativa na que se imparten cursos online gratuítos e abertos a todo o mundo, na que participan algunhas das máis prestixiosas universidades a nivel internacional. Historia
Foi fundada en abril de 2012 por dous profesores de Ciencias da computación da Universidade de StanfordPáxina oficial da Universidade de Stanford, Daphne Koller e Andrew Ng, co fin de desenvolver dentro do ámbito do e-learning unha ampla oferta educativa. Xunto coa outra gran plataforma: edX Páxina oficial de edX, fundada pola asociación da Universidade de Harvard e o MIT, constitúen as dúas entidades MOOCs (Cursos en liña abertos e masivos) máis relevantes ata o momento.
Coursera supera os tres millóns de estudantes, repartidos por todo o mundo, que cursan algún dos máis de 200 cursos impartidos maioritariamente en lingua inglesa, pero tamén en español, francés, chinés e italiano.
Algúns destes cursos permiten obter un certificado que avala a realización do curso, previo pago dunha cantidade, sempre que o estudante expedise previamente un certificado de identidade verificada.
Universidades asociadas Coursera comezou as súas actividades en abril de 2012 baixo o patrocinio da Universidade de Stanford e en compañía das universidades de MíchiganUniversidade estatal de Michigan, Princeton e PennsylvaniaUniversidade de Pennsylvania. En xullo dese mesmo ano súmanse outras 12 universidades e 17 máis en setembro, ata acadar as 62 actuais.
Centros que imparten cursos en castelán Universidade Autónoma de Barcelona Tecnolóxico de Monterrei Universidade Nacional Autónoma de México
Cursos En novembro de 2012 anunciouse a colaboración co Consello de Educación Americana para validar os créditos dos cursos desta plataforma. Na páxina web ofértase unha ampla variedade de cursos do ámbito da bioloxía, medicina, matemáticas, informática e ciencias sociais entre outros. O material publicado nestes cursos adoita conter vídeos explicativos e material impreso adicional, así coma calquera bibliografía “ad hoc” recomendada polos responsables do curso. Tamén existe a posibilidade de encontros online entre profesores e alumnos por medio de aplicacións tecnolóxicas axeitadas como o Hangouts2 de Google+.
Coursera tamén ofrece cursos de grao en colaboración con Universidades. Por exemplo, a plataforma é socio de HEC Paris para o Executive Master Innovation & EmprendementoMSc in Innovation and Entrepreneurship. 100% en liña, este programa pretende formar altos directivos especializados nestas dúas áreas en 18 mesesExclusif. HEC se lance dans un diplôme… 100 % en ligne. Foi inaugurado en marzo de 2017.HEC lance un programme diplômant 100 % en ligne
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Coursera Consello de Educación Americana Páxina oficial da Universidade de Princeton Tecnolóxico de Monterrei Universidade Nacional Autónoma de México Revista Forbes Galicia24horas
Categoría:Informática Categoría:Plataformas educativas