JERS ou JERS 1 (acrónimo de Japanese Earth Resource Satellite 1), tamén coñecido como Fuyo, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 11 de febreiro de 1992 mediante un foguete H-I desde o Centro Espacial de Tanegashima.
Características A misión de JERS foi a de observar a Terra para facer estudos dos recursos terrestres, controlar cultivos e bosques, preservar o medio ambiente, prever desastres e monitorizar as costas.
O satélite tiña forma de caixa de 1 x 1,8 x 3,1 metros e estaba estabilizado nos tres eixos. A alimentación eléctrica era proporcionada por un panel solar de 8 metros de longo e 3,4 metros de ancho.
JERS foi inxectado nunha órbita inicial de 579,6 km de apoxeo, 558,0 km de perixeo, 97,7 graos de inclinación orbital e un período orbital de 96,0 minutos. Reentrou na atmosfera o 3 de decembro de 2001.
Instrumentos JERS levaba os seguintes instrumentos a bordo:
Radar de apertura sintética (SAR): radar activo de alta resolución de microondas para observación tanto diúrna como nocturna e a través das nubes. Sensores ópticos (OPS): radiómetros multiespectrales de alta resolución capaces de tomar imaxes estereoscópicas.
Notas
Categoría:Satélites artificiais