Paula Prado del Río, nada en Santiago de Compostela en 1971, é unha avogada e política galega do PPdeG.

Traxectoria Licenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e doutoranda en Dereito Público e Teoría do Estado. É avogada especialista en dereito de familia. Foi concelleira do PPdeG en Santiago de Compostela dende 2007, voceira do Grupo Municipal e voceira da Xunta de Goberno local dende 2011. En 2009 foi candidata ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña, foi elixida deputada e foi voceira de Xustiza do Grupo Popular. Nas autonómicas de 2012 volveu ser elixida deputada e foi nomeada voceira do Grupo Popular. En 2014 foi investigada pola Operación Pokémon e dimitiu como voceira o 4 de xuño."Paula Prado dimite como portavoz del PPdeG" Faro de Vigo, 4/6/2014 . Foi substituída por Miguel Tellado. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado pola provincia da Coruña e foi elixida senadora.

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas "Paula Prado del Río, una mujer de verbo aguerrido que ha demostrado una firmeza numantina" La Voz de Galicia, 22/1/2013 . "Paula Prado: «Beiras se dedica al circo, no tiene propuestas de futuro»" ABC, 15/7/2013 . "La portavoz que calló Pokémon" El País, 31/3/2014

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1971 Categoría:Deputados da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Avogados de Santiago de Compostela Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia