Os catablefáridos (Katablepharida), son un grupo de protistas heterótrofos flaxelados, que foron considerados como pertencentes a Cryptophyta desde que se describiron en 1939. Difiren doutras criptófitas en varios aspectos (aparato da alimentación) e chegou a propoñerse que son alveolados, pero as investigacións realizadas ao comezo do século XXI suxiren que están relacionados coas criptófitas. Parécense ás criptófitas na súa forma, orientación flaxelar e presenza de exactisomas, e as análises do seu SSU rDNA e das secuencias da beta-tubulina achéganos máis ás criptófitas ca aos alveolados. Caracterízanse por ter unha vaíña de dúas capas arredor da célula e superficie flaxelar, cristas mitocondriais tubulares, e un aparato de alimentación complexo moi distintivo.
Principais xéneros de catablefáridos
En 2009, só foran descritos formalmente cinco xéneros e dez especies. Coñécense ducias de secuencias de ADN (obtidas de augas doces e mariñas) que parecen representar outras especies de catablefáridos aínda non descritas formalmente nin cultivadas. Os xéneros principais son: Hatena. Presenta formas depredadoras e formas con endosimbiontes fotosintéticos, polo que o establecemento da endosimbiose está a medio camiño neste protista. Leucocryptos Katablepharis O xénero Katablepharis, que lle deu nome ao grupo, foi inicialmente ortografado con th (Kathablepharis), pero despois a ortografía mudou. No código botánico ICBN escríbese sen h, e no zoolóxico ICZN con th, pero publicouse en 2009 unha corrección sen hache no código zoolóxico. Roombia Platychilomonas
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Tree of Life: Katablepharida
Categoría:Protistas Categoría:Criptomónadas