O fento feroNome vulgar preferido en ‘’Termos Esenciais de Botánica’’ da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002. Non aparece no Dicionario da RAG, xa que non describe os tipos de fentos, pero é un nome documentado noutros diccionarios galegos ou formalmente blechno (Blechnum spicant) é unha especie de fento da familia Blechnaceae. Existen dúas variedades deste fento en Galiza. Blechnum spicant subsp. spicant, que é a máis estendida e de frondes estériles e fértiles moi diferenciados; e a Blechnum spicant subsp. homophyllum , cuxos frondes estériles e fértiles son máis semellantes e dun tamaño menor a 20 cm. Esta última variedade esténdese dende as serra do Xurés e o Baixo Miño até o Eume.

Descrición Os fentos presentan alternancia de xeracións, isto quere dicir que no mesmo ciclo de vida pasan por dúas formas, a que produce esporas, chamadas esporófitos, e as que producen gametos, chamadas gametófitos. A xeración que vemos nesta especie é a do esporófito, pois o gametófito é moi miúdo. O esporófito está composto dunha fronde formada por un pecíolo e unha lámina. A lámina pode estar unha ou varias veces dividida. Cada división chámase pinna e as divisións das pinnas chámanse pínnulas.

Fento perenne rizomatoso, con rizoma oblicuo ou erecto cuberto de escamas. Frondes de 15–50 cm persistentes formando fascículos, coma xa dixemos, de dous tipos, fértiles e estériles, con pecíolo moito máis curto ca o limbo unha vez pinnadamente dividido (pinnatífido); os estériles (trofófilos) con divisións (pinnas) oblongas ou linear-oblongas, subagudas; as fértiles (esporófilos) con pinnas máis estreitas, lineares. Esporanxios reunidos en grupos (soros), dispostos en liña a ambos os dous lados do nervio principal das pinnas das frondes fértiles, cubrindo practicamente todo o envés das mesmas, producindo un só tipo de esporas (isospóreos) cubertos dunha membrana linear (indusio) ben desenvolvida.

Distribución e hábitat Eurosiberiano. Bosques de ribeira húmidos e sombrizos. Noiros e cavorcos lamacentos máis ou menos umbros. Bota as esporas dende a primavera até fins do verán. É moi común nos regueiros e ríos en toda Galiza, en zonas húmidas até os 2.000 m. No verán é moi común. Taxonomía Blechnum spicant foi descrita por (Carl von Linné) Sm. e publicado en Mémoires de l'Academie Royale des Sciences 5: 411. 1793. Outros nomes galegos Felgo fero, fento pente, fenta (cómpre non confundir coa especie Athyrium filix-femina).

Sinonimia Acrostichum spicant (L.) Willd. Asplenium spicant Bernh. Blechnum spicant var. elongata B. Boivin Lomaria spicant (L.) Desv. Lomaria spicant var. elongata Hook. Lomaria spicant f. serrulatum Clute Onoclea spicant Hoffm. Osmunda spicant L. basónimo Struthiopteris spicant (L.) F.W. Weiss en PlantList Notas

Véxase tamén

Outros artigos Fenta (Athyrium filix-femina) Fentos Ligazóns externas Vexetación de Galicia.es

Categoría:Blechnum Categoría:Fentos de Galicia