María Galiana Medina, nada en Sevilla o 31 de maio de 1935, é unha actriz española moi coñecida do teatro andaluz e o cine español. Antes do seu salto á actuación foi profesora nun instituto.
Traxectoria Licenciada en Filosofía e Letras, e en Historia, Galiana exerceu como profesora de Historia e Historia da Arte nos institutos públicos IES Bellavista e IES Ramón Carande (anteriormente chamado Almirante Topete) de Sevilla ata a súa xubilación no ano 2000. Ese mesmo ano gañou o Goya á mellor actriz secundaria, polo seu único papel protagonista que tivo: Solas, un drama sobre a soidade, a pobreza e os soños afogados, con Galiana no papel de nai e esposa sufridora.
Traballou, como actriz, baixo as ordes de José Luis García Sánchez, Fernando Trueba, Jaime de Armiñán, José Luis Cuerda ou Vicente Aranda.
É popularmente coñecida polo seu papel da avóa Herminia en Cuéntame cómo pasó (2001-2023), serie que narra as vivencias dunha familia de clase media, os Alcántara, durante os últimos anos do franquismo e os comezos da Transición Española.
Ademais, tamén foi protagonista de La Mari (2003 e 2010), unha serie emitida en TV3 e Canal Sur na que aparecen Ana Fernández, Ramón Madaula e Carlos Hipólito e que trata sobre unha emigrante andaluza residente na Barcelona dos 60, 70 e principios da década de 1980.
Na cidade andaluza de Dos Hermanas (Sevilla) hai un instituto público co seu nome.
Filmografía
Cine Los muertos no se tocan, nene (José Luis García Sánchez, 2011) A caixa (Juan Carlos Falcón, 2006) Pura sangre (Leo Ricciardi, 2005) Tapas (Juan Cruz e José Corbacho, 2005) Roma (Adolfo Aristaraín, 2004) Una pasión singular (Antonio Gonzalo, 2003) Más pena que gloria (Víctor García León, 2000) Fugitivas (Miguel Hermoso, 2000) Plenilunio (Imanol Uribe, 2000) Solas (Benito Zambrano, 1999) Yerma (Pilar Távora, 1998) Libertarias (Vicente Aranda, 1996) Más allá del jardín (Pedro Olea, 1996) El rey del río (Manuel Gutiérrez Aragón, 1995) Así en el Cielo como en la Tierra (José Luis Cuerda, 1995) El palomo cojo (Jaime de Armiñan, 1995) Suspiros de España (José Luis García Sánchez, 1995) Tirano Banderas (José Luis García Sánchez, 1993) Belle Époque (Fernando Trueba, 1992) Malaventura (Manuel Gutiérrez Aragón, 1988) Pasodoble (José Luis García Sánchez, 1988) Madre in Japan (Francisco Perales, 1985)
Televisión Cuéntame cómo pasó (2001-2023) La Mari (2003 e 2009) La seducción del caos (1990) Juncal (1987)
Teatro Fugadas (2009-2011), de Tamzin Townsend. Las troyanas (2000), de Eurípides, no Festival de Teatro Clásico de Mérida. El lindo don Diego (1994), de Agustín Moreto. La casa de Bernarda Alba (1992), de Federico García Lorca. El hombre que murió en la guerra (1990), dos irmáns Machado (Manuel e Antonio).
Premios Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria por Solas (2000).
Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1935 Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Gañadores dos Premios Goya