miniatura|As Ruínas de San Domingos tal coma as debuxou Alcoverro en 1915 Federico Alcoverro López, nado en Madrid e finado en Chinchón (Madrid) en 1916, foi un debuxante que viviu e traballou en Pontevedra nos primeiros anos do século XX.

Traxectoria O seu pai, José Alcoverro Amorós, foi un escultor premiado en exposicións internacionais celebradas en 1866 e 1881.

Federico Alcoverro veu traballar a Pontevedra en 1903, como catedrático de Debuxo no instituto da cidade. Xa no mesmo ano da súa chegada á cidade comezou a colaborar con Casto Sampedro e a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, para a que realizou a maior parte dos debuxos da serie Pontevedra Antiga. Nesta colección, a Sociedade quixo recoller as casas, pazos, igrexas, murallas etc. da cidade, moitas delas xa desaparecidas.

Na Colección Sampedro consérvanse numerosas cartas e apuntamentos cos datos e descricións dos motivos que debuxara Alcoverro, incluíndo as descricións dos veciños da cidade máis anciáns que aínda lembraban os edificios que debuxaba. O propio Sampedro achegoulle numerosa documentación ó respecto.

A colaboración coa Sociedade foi moi prolixa ata o punto de converterse no debuxante oficial desta organización, xunto a Enrique Campo Sobrino, alumno e discípulo seu. Para desgraza de Sampedro e da propia Sociedade, morreu ó pouco, en Chinchón, no verán de 1916. Enrique Campo morrera cinco anos antes.

Véxase tamén Notas

Bibliografía Catálogo da exposición Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra, Museo de Pontevedra 1995.

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Finados en 1916