Cerámica Verea é unha empresa galega do sector da cerámica con sede en Lanzá, Mesía.

Historia Cerámica Verea fundouse en Mesía en 1968. Na zona hai amplos xacementos de arxila que son explotados dende hai moito tempo. Na zona houbo outras empresas adicadas ao sector, principalmente na fabricación de ladrillos das cales só queda Campo Brick do grupo Campo e Cerámica Verea. Cerámica Verea é a última empresa do sector que fabrica tella en Galiza aínda que tamén fabrica e comercializa accesorios para a montaxe de tellados, ladrillos especiais e para hórreos, botelleiros cerámicos e chemineas.

Antigamente só fabricaban nos meses de verán pola imposibilidade de secar as tellas antes de cocelas. A mediados dos anos 1970 fabricaron un túnel de secado e comezaron a automatización do proceso de fabricación. En 1990 ampliaron a fábrica, a zona de almacenaxe da materia prima e a produción. Hoxe a empresa é unha das máis importantes do sector en España e vende os seus produtos nos Estados Unidos, Francia, Portugal, Porto Rico ou México. No 2008 contaba con 48 empregados. A empresa fabrica 80 millóns de tellas ao ano.

A empresa ten certificacións ISO 9001 e ISO 14001.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Verea

Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Galicia Calidade Categoría:Mesía