miniatura|Emili Sempere, Natacha Seseña e Luciano García Alén en ALFAR-92 en Granada.
dereita|miniatura|Placa do parque Luciano García Alén en Buño, Malpica de Bergantiños. Luciano García Alén, nado na Seca de Mourente (Pontevedra) o 25 de maio de 1928 e finado o 16 de outubro de 2015 en Santiago de Compostela, foi un médico, investigador etnográfico galego e profesor na Facultade de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Traxectoria Fillo de Alfredo García Hermida e María Alén Solla, mestres ambos en Pontevedra, que tiveron dez fillos, entre eles o historiador e mestre Alfredo García Alén.
Cursou a primeira ensinanza da man dos seus pais, e o bacharelato nun instituto público durante o período de 1940 a 1946. Xa nesta primeira época manifestou inquedanzas culturais. Foi alumno colaborador do Museo de Pontevedra e obtivo un premio da Deputación Provincial por un traballo sobre a flora espontánea de Galicia.
Seguindo a tradición familiar, estudou a carreira de Maxisterio. Concluída esta, comezou a carreira de Medicina e a finalizou no 1952, ano no que se adscribiu ao Hospital Clínico da Facultade de Medicina na que chegou a alcanzar o grao de mestre titular de xinecoloxía e obstetricia. Estudou Citoloxía en Bruxelas e Diagnóstico precoz do cáncer en Xenebra. Foi fundador, entre outros, do Hospital Policlínico La Rosaleda, en Santiago, e membro honorífico da Sociedade Española de Fertilidade, da Sociedade Española de Citoloxía e da Sociedade Galega de Citoloxía. Tamén foi nomeado "galego do mes" por El Correo Gallego en 1990.
Paralelamente dedicou gran parte da súa vida a percorrer Galiza estudando a olaría popular, sobre a que publicou diversas monografías, especialmente a obra La alfarería de Galicia, editada en dous tomos pola Fundación Pedro Barrié de la Maza coa colaboración do fotógrafo e debuxante Xosé Manuel Gómez Vilasó no 1983. Tamén escribiu libros de investigación sobre a olaría como: A olería tradicional de Gundivós. As formas, A olería da Terra Chá. As formas e a cultura da olería tradicional, e un conto para nenos, O castelo da Rocha Vella, que conta a historia do castelo da Rocha Forte con tres animais: un can, unha toupa e un corvo (Oca, Federico e Manú).
No empeño por dignificar a cultura popular foi patrón fundador e presidente da xunta reitora do Museo do Pobo Galego e membro do padroado do Museo de Pontevedra. En 1986, cun grupo de profesionais e empresarios, fundou e presidiu durante a súa primeira etapa o grupo de opinión Clube Nacionalista Alén Nós, tribuna pola que desfilaron a práctica totalidade das personalidades da vida cultural e política galega, así como destacados personaxes de fóra de Galicia.
Obras La alfarería de Galicia. (con Alfredo García Alén e Xosé M. Gómez Vilasó); Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1983. ISBN 84-85728-30-0 Contribución al estudio de la alfarería popular en Galicia. Ediciós do Castro, 1979. ISBN 84-7492-006-X Os oleiros. A Coruña: Museo do Pobo Galego, 1981. ISBN 84-600-2182-3 La alfarería de Galicia. Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1983. ISBN 84-85728-30-0 A alfarería tradicional de Buño. Carpeta de debuxos. Deputación Provincial da Coruña. Imprenta Provincial, 1986. ISBN 84-398-7361-1 O señor das olas. Crónica de viaxes e outras historias, 1992 A alfarería tradicional de Niñodaguia. Deseños, 2006 A olería da Terra Chá. Vigo: Ir Indo, 2005. ISBN 84-7680-517-9
Recoñecementos Pedrón de Ouro en 2002. Medalla Castelao en 2009. Medalla de Honra da Academia Médico-Cirúrxica de Santiago en 2010. Parque Luciano García Alén en Buño, Malpica de Bergantiños. Fillo adoptivo de Xunqueira de Espadanedo. Premio Cidade de Pontevedra en 1998.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Pedrón de Ouro Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1928 Categoría:Médicos de Pontevedra Categoría:Finados en 2015