Héctor Homero Quiroga Lorenzo, nado na Coruña o 16 de maio de 1933 e finado na mesma cidade o 5 de setembro de 2018,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-9-2018, p. 47.As raíces da investigación oceanográfica. Faleceu o científico e exconcelleiro de Medio Ambiente Hector Quiroga Lorenzo foi un biólogo mariño e oceanógrafo galego.
Traxectoria Fillo de Domingo Quiroga Ríos. Licenciado en Ciencias pola Universidade Complutense de Madrid. Foi oceanógrafo-xefe de equipo no Centro Oceanográfico da Coruña, secretario da comisión técnica científica da consellería de Pesca, xefe do servizo da dirección provincial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e concelleiro na Coruña. Entre 1982 e 1985 foi o encargado de analizar e realizar o seguimento das baleas comúns cazadas pola frota galega, que eran levadas á factoría baleeira de Caneliñas (Cee). Foi un dos científicos que participou nas xuntanzas da Comisión Baleeira Internacional nas que se aprobou a moratoria da caza da balea.
Obras La riqueza marisquera de Galicia, 1974. Cetáceos de las costas ibéricas atlánticas, 1996. La caza de ballenas en aguas ibéricas, 2002.
Vida persoal
Casou con María Salomé Santos Vázquez e foi pai de Domingo Antonio, Ricardo e Salomé Quiroga Santos. Notas
Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Oceanógrafos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes