José Manuel Vázquez Yebra, nado en 1928 e finado en Vigo o 30 de maio de 2021, foi un avogado e político que chegou a ser alcalde de Chantada.
Traxectoria Foi nomeado alcalde de Chantada o 2 de febreiro de 1958. Cesou o 2 de marzo de 1964. Durante o seu mandato na alcaldía inaugurouse o encoro de Belesar e contruíuse o campo de fútbol do Sangoñedo. Casado con Amadora de Soto Rodríguez, neta do banqueiro Benito de Soto Linares, foi secretario do consello de administración do Banco de Soto tralo seu paso pola alcaldía. Logo da fusión desta entidade co Banco de Vigo para constituír o Banco de Galicia, foi xefe da súa asesoría xurídica ata a súa xubilación.
Tamén foi directivo do Círculo Recreativo Cultural de Chantada.
Vida persoal Casou con Amadora de Soto Rodríguez en 1957 e tivo sete fillos.
O seu irmán máis novo, Sergio Vázquez Yebra, tamén foi alcalde de Chantada.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Corporación municipal de Chantada
Categoría:Alcaldes de Chantada Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2021