Luís Viñas Cortegoso, nado en Pontevedra o 25 de marzo de 1912 e finado en Vigo o 26 de febreiro de 2000, foi un inspector e editor galego.

Traxectoria Fillo de Joaquín Viñas del Monte e sobriño de José Viñas del Monte. Estudou Maxisterio na Normal de Pontevedra e obtivo o título en 1931. Exerceu como mestre de escola en Galicia. Trasladouse a Madrid en 1934 para ampliar os seus estudos na Institución Libre de Enseñanza. Profesor de instituto, foi depurado tras a guerra civil española pola súa relación co galeguismo, e tivo que comezar a vivir das artes gráficas. Ata 1950 non puido acceder a Inspector de Ensino Primario. Fundou, xunto con Xosé María Álvarez Blázquez, a Editorial Monterrey, e máis adiante, foi socio fundador da Editorial Galaxia. Anotou e editou a Vida y viajes literarios de Frei Martín Sarmiento (Edicións Monterrey, Vigo, 1952). Foi membro correspondentes da Real Academia Galega.

Nas eleccións xerais de 1977 ocupou o terceiro posto na candidatura do PSG pola provincia de Pontevedra.La Voz de Galicia, 8-5-1977, p. 37. Finou en Vigo o 26 de febreiro de 2000.Faro de Vigo, 27-2-2000, p. 81.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de educación secundaria

Categoría:Editores de Galicia

Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes