O PSG Zlín é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Zlín, República Checa. O club foi fundado en 1929 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga Checa, competición que gañou nunha ocasión (tempada 2003-04). Xoga os seus partidos como local no Zimní stadion Luďka Čajky, un pavillón con capacidade para 7.000 espectadores.

Historia O PSG Zlín foi fundado en 1929 como SK Baťa Zlín en referencia ao patrocinador do equipo, Bata ShoesHistoria do club en http://hokej.zlin.cz .

O 1 de xaneiro de 1993, coa disolución de Checoslovaquia, o equipo deixou o campionato checoslovaco, pasando a competir na nova división Elite. En 2004 o equipo gañou o seu primeiro título de liga dirixido por Thomas J. Bata, antigo xogador do equipo e fillo do fundador de Bata Shoes en 1894, Tomáš BaťaTempada 2003-04 da Extraliga en http://hockey365.celeonet.fr .

Denominacións Os diferentes nomes baixo os que competiu o club son os seguintes:Presentación do equipo en http://hokej.zlin.cz/ 1945 - ZK Baťa Zlín 1948 - Sokol Botostroj Zlín 1949 - Sokol Svit Gottwaldov 1958 - TJ Gottwaldov 1990 - TJ Zlín, SK Zlín, AC ZPS Zlín 1997 - HC ZPS - Barum Zlín 1999 - HC Barum Continental 2000 - HC Continental Zlín 2002 - HC Hamé Zlín 2007 - HC RI OKNA Zlín

Palmarés 1 Extraliga: 2004

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo da República Checa