Alfonso Polanco Rebolleda, nado en Palencia o 29 de decembro de 1967, é un político español do Partido Popular, alcalde de Palencia desde xuño de 2011.

É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, especializándose como técnico de auditoria e contabilidade do Ministerio de Facenda e traballando como funcionario do Estado. Ocupou diversos cargos técnicos dentro da Xunta de Castela e León.

Alcalde de Palencia

En 2011 Alfonso Polanco presentouse como candidato polo Partido Popular á alcaldía de Palencia despois de varios anos sendo un dos concelleiros na oposición. A lista que encabezaba conseguiu a maioría absoluta no consistorio con 21.335 votos e 14 concelleiros, desprazando da alcaldía a Heliodoro Gallego (PSOE) despois de 16 anos non consecutivos.

Notas

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Alcaldes de Palencia Categoría:Políticos do PP Categoría:Nados en Palencia Categoría:Alumnos da Universidade de Valladolid