Xosé Manuel López Nogueira, nado en Ferrol en 1932 e finado en Santiago de Compostela o 20 de outubro de 1983,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 21-10-1983, p. 52. foi neurólogo, psiquiatra e escritor galego.
Traxectoria Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, e exerceu como neurólogo e psiquiatra en Santiago de Compostela. Impartiu clases na facultade de Psicoloxía da USC. Foi membro da xeración de La Noche, onde publicou as primeiras colaboracións xornalísticas e un dos promotores da Festas Minervais. Estudoso de temas filosóficos e psiquiátricos, e de estética e arte, colaborou asiduamente en Grial e tamén en Vieiros e Revista de la Casa de Galicia de Nueva York. Parte dos seus traballos publicados ata 1973 foron recollidos en Dialéctica existencial y psicoanálisis.
Obras Dialéctica existencial y psicoanálisis (2 v.), 1973. Sobre la juventud actual, 1980.
Artigos miniatura|170px|Nº 1 de Grial. "El arte comprometido" (1963) "Unamuno i a súa imaxen da vida" (1964) "Sobre el problema de la historia" (1965) "A dialéctica da existencia" (1966) "Dialéctica e poesía: sobre un libro de X.L. Franco Grande" (1968) "Fernando Pérez-Barreiro, traductor de Shakespeare: versión galega do Macbeth" (1973) "Castelao e o naturalismo galego" (1975) "O poeta e o mito" (1976), sobre Ramón Cabanillas "Jaspers, o psiquiatra perdido" "Carl Gustav Jung" "Ernest Kretschemer" "A crisis da razón dialéctica", sobre o pensamento de Sartre. "Psicoloxía da gran cidade" "As urdimbres societarias" "A edade de ouro das neurosis"
Vida persoal
Casou con Teresa Gallego Soneira e foi pai de Ana, José e Alicia López Gallego. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla
Categoría:Médicos de Ferrol Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Neurólogos de Galicia