A selección de fútbol de Xibraltar (en inglés: Gibraltar national football team) representa a Xibraltar nas competicións oficiais internacionais de fútbol e depende da Asociación de Fútbol de Xibraltar (Gibraltar Football Association). Desde o 24 de maio de 2013 é membro de pleno dereito da UEFA, en cumprimento dunha resolución do Tribunal Internacional de Arbitraxe (TAS). En 2016 foi tamén admitida como membro da FIFA. Xibraltar é o membro da UEFA máis pequeno en termos de superficie poboación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da selección de Xibraltar Páxina da Asociación de Fútbol de Xibraltar