Ofis Publik ar Brezhoneg (Oficina pública da lingua bretoa en galego) é un organismo público de cooperación cultural pola lingua bretoa creado o 17 de setembro de 2010 a partir da Ofis ar Brezhoneg. O primeiro consello de administración tivo lugar o 15 de outubro de 2010 en Karaez-Plougêr, vila na que ten sede este organismo.
Misión Ó igual que a súa predecesora Ofis ar Brezhoneg, este organismo ten como un dos seus principais obxectivos o estudo científico dos datos sociolingüísticos da lingua bretoa. Ademais, ten unha función de asesoramento na sinalización bilingüe e axuda a particulares, administracións e empresas que queiran empregar o bretón. Como parte do seu programa de promoción da lingua, tamén organiza cursos de bretón para adultos.
Véxase tamén Outros artigos Ofis ar Brezhoneg
Categoría:Lingua bretoa Categoría:Revitalización de linguas celtas