Fernando Cordón García, nado en Sevilla en 1899 e finado en Ourense o 11 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Axente de aduanas en Verín. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, xunto ao comunista Manuel Gómez del Valle, trasladáronse á Gudiña para unirse a quen estivese disposto a facer fronte á sublevación militar. Foron detidos en Xinzo de Limia pola Garda Civil o 21 de xullo e trasladados a Ourense, onde igresaron na prisión o 24 de xullo.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937

Foron sometidos a un consello de guerra sumarísimo a principios de agosto,El Pueblo Gallego, 5-8-1936, p. 6. aínda que tivo que repetirse o día 8 por "defectos de forma".El Pueblo Gallego, 9-8-1936, p. 7. Foi condenado á pena de morte, sendo executado o 11 de agosto no Campamento de San Francisco de Ourense.

Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1936