O Caso Lasa e Zabala foi o primeiro acto terrorista realizado polos Grupos Antiterroristas de Liberación (GAL). Toma o seu nome dos membros de ETA José Antonio Lasa e José Ignacio Zabala, que foron secuestrados, torturados e asasinados en 1983.

Cronoloxía Segundo a sentenza do caso, no ano 1981 José Antonio Lasa Aróstegui e José Ignacio Zabala Artano, ámbolos dous de 18 anos, pertencían a ETA , formando parte, xunto con Íñigo Alonso Uranga e outra persoa sen identificar, do comando denominado Gorki.

En novembro de 1981 Íñigo Alonso foi detido cando, cos seus compañeiros de comando, acababa de realizar un atraco nunha entidade bancaria, mentres que os demais, tras enfrontarse a tiros cos membros da Policía, lograban darse á fuga. A raíz destes feitos Lasa e Zabala fuxiron de España.

No ano 1983 encontrábanse en Francia, residindo na localidade de Baiona; alí estaban en contacto co chamado Comité de Refuxiados, tiñan formulado peticións de asilo político e, mentres se tramitaban, foron solicitando permisos de residencia, que lles concederon por distintos períodos de tempo.

O 15 de outubro dese ano, Lasa e Zabala foron secuestrados en Baiona (Francia) por membros do GAL."La cal viva no enterró la guerra sucia" Gara, 15 de outubro de 2008 Foron retidos no cuartel da Gardia Civil de Intxaurrondo. Seguindo instrucións do xeneral Galindo, leváronos ó palacio de La Cumbre, en Donostia, onde foron torturados."Lasa y Zabala estuvieron secuestrados en un palacio del Ministerio del Interior en San Sebastián" El País, 30 de xullo de 1995 Á vista do estado no que quedaron, o xeneral Galindo, co coñecemento do gobernador civil Julen Elgorriaga e do tenente-coronel Ángel Vaquero, ordenou a súa desaparición. Os gardas civís Enrique Dorado e Felipe Bayo leváronos ata Bussot (Alacant), cavaron unha fosa, e o primeiro disparoulles tres tiros na testa. Despois enterráronos.

En xaneiro de 1985 foron atopados os seus restos, pero permaneceron sen identificar ata 1995, xa que os corpos foran soterrados en cal viva, o que dificultou a súa identificación.Los forenses de San Sebastián recaban datos de las familias de Lasa y Zabala El País, 31 de marzo de 1995Un policía de Alicante, actuando por su cuenta, logró la identificación de los cadáveres de Lasa y Zabala El País, 22 de marzo de 1995La segunda autopsia no ofrece ninguna duda El País, 22 de marzo de 1995

No funeral polos dous etarras asasinados, a Policía autonómica vasca cargou contra os familiares dos finados.La Ertzaintza carga contra los familiares de Lasa y Zabala cuando intentaban hacerse cargo de los féretros El País, 22 de junio de 1995Mini documental sobre el caso de Lasa y Zabala

Sentenza Por este crime foron condenados Enrique Rodríguez Galindo, xeneral da Garda Civil destinado en Intxaurrondo; Ángel Vaquero, tenente coronel do mesmo cuartel; e Julen Elgorriaga, gobernador civil de Guipúscoa. En total asignáronselles 365 anos de cárcere, aínda que, finalmente, e tras cumprir uns anos de cadea (5 no caso do xeneral Galindo) acabaron sendo indultados polo goberno.

Literatura e cinema O tema foi abordado polo escritor vasco Harkaitz Cano na novela Twist (onde as figuras de Lasa e Zabala están representadas polo personaxes Soto e Zeberio)Ficha de Twist en Biblioteca Virtual de Literatura. . Así mesmo, o asunto foi tratado no cinema, no filme Lasa eta Zabala de Pablo MaloFicha de Lasa eta Zabala en Filmaffinity. .

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Vítimas do terrorismo de Estado Categoría:ETA Categoría:Brutalidade policial