Camilo Nogueira Martínez, nado o 22 de xullo de 1904 no daquela concello de LavadoresO concello de Lavadores, creado en 1836 anexionouse ao de Vigo en 1942. e finado o 2 de marzo de 1982 ibídem, foi un escultor e político galego.
Traxectoria Estudou na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, onde logo sería profesor de alumnos como Xoán Piñeiro Nogueira ou Silverio Rivas.
Foi, xunto con Manuel Colmeiro, Arturo Souto, Manuel Torres, Carlos Maside e outros, bolseiro da Deputación Provincial de Pontevedra, grazas ao que puido ir á Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid.
Obra
Na súa obra distínguense tres etapas. Na primeira, antes da guerra civil, Nogueira, de familia de carpinteiros, traballaba na madeira. Obras desta etapa atópanse no Museo de Pontevedra.
Da segunda etapa, tamén en madeira, especialmente acacia australiana, freixo e buxo, hai obras no Museo Quiñones de León, no Pazo de Castrelos de Vigo.
Na terceira etapa empregou o barro e a pedra. Varias obras desta etapa están espalladas polas rúas de Vigo. Por exemplo o mural da estación marítima (1955), as esculturas Vida, Transportes, Accidentes e Incendios e a do chafrán do Edificio Aurora Polar da Rúa Urzáiz esquina República Arxentina (1959), o busto do papa Xoán XXIII na Rúa Conde de Torrecedeira (1965), a Pescantina e Mariñeiros portando o escudo da cidade de Vigo (1969) na Fortaleza do Castro, O forxador e O mariñeiro da Praza de Compostela ou o Monumento ó emigrante (1971) da Praza de América.
Foi dirixente local do Partido Galeguista.
Vida persoal Casado coa modista Teresa Román, foi pai do político Camilo Nogueira Román. O concello de Vigo adicoulle a Rúa Escultor Nogueira.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía "Nogueira Martínez, Camilo" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (en DVD). (1996). Camilo Nogueira: (1904-1982). Deputación Provincial de Pontevedra, 183 pp., ficha en Google Books.
Outros artigos Camilo Nogueira Román Ligazóns externas Camilo Nogueira, escultor urbano en Xornal.Vigo.org, Concello de Vigo.
Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Políticos do Partido Galeguista