New Found Glory (antigamente A New Found Glory) é unha banda estadounidense de pop punk procedente de Coral Springs, Florida, formada en 1997. Os membros do grupo son o vocalista Jordan Pundik, os guitarristas Chad Gilbert e Steve Klein, o baixista Ian Grushka e o batería Cyrus Bolooki, que substituíu a Joe Marino tras a edición do seu EP de estrea. Durante os seus 15 anos de carreira a banda leva publicados sete álbums de estudio, dous EPs e dous álbums de versións.

Os críticos musicais considérana unha pioneira do pop punk. AbsolutePunk ten etiquetado á banda como os "padriños do pop punk", mentres que Allmusic di deles que "xunto con traballo de Blink-182 serviron como modelo para o xénero nos primeiros anos da década do 2000".

Discografía Álbum Ano Selo Nothing Gold Can Stay 1999 Eulogy, Drive-Thru New Found Glory 2000 Drive-Thru Sticks and Stones 2002 MCA, Drive-Thru Catalyst 2004 Geffen, Drive-Thru Coming Home 2006 Geffen Not Without a Fight 2009 Epitaph Radiosurgery 2011 Epitaph Resurrection 2014 Hopeless Makes Me Sick 2017 Hopeless Forever + Ever x Infinity 2020 Hopeless Listen Up! 2026 Pure Noise Records

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Florida Categoría:Grupos musicais de pop punk Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de hardcore melódico Categoría:Grupos musicais formados en 1997