Airbourne é unha banda australiana de hard rock formada en Warrnambool no ano 2003. Adoita a ser comparada co grupo tamén australiano AC/DC. Os seus compoñentes principais son o vocalista e guitarrista Joel O'Keeffe, o seu irmán, o batería Ryan O'Keeffe, e o guitarrista e corista David Roads. Posteriormente uníuselles o baixista Justin Street. O seu álbum de estrea, Runnin' Wild, foi publicado en xuño do 2007 e entrou no top 30 da ARIA Albums Chart. O disco entraría tamén nas listas de álbums británicas e na Billboard 200 estadounidense. O seu segundo disco, No Guts. No Glory., apareceu en marzo do ano 2010 entrando no top 20 da ARIA Chart, no top 40 no Reino Unido e aparecendo tamén na Billboard 200. O seu terceiro traballo, Black Dog Barking foi publicado o 31 de maio do 2013.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Runnin' Wild 2007 Capitol Records/EMI Music Australia No Guts. No Glory. 2010 EMI, Roadrunner Records Black Dog Barking 2013 Roadrunner Records Breakin' Outta Hell 2016 Universal Music Australia/Spinefarm Records Boneshaker 2019 Spinefarm Records Airbourne 2026 Spinefarm Records
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Victoria Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais formados en 2003