Ramón Alonso Martínez, nado en Mos, foi un carpinteiro e político galego.El Progreso, 8-2-1925, p. 3.
Traxectoria
Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro en Lavadores en 1924 e secretario e despois presidente da Federación Agraria de Lavadores. Na Segunda República militou no Partido Radical, foi presidente da Federación Agraria Provincial de Pontevedra e candidato en Pontevedra pola coalición de Izquierda Republicana como agrario nas eleccións a Cortes de novembro de 1933.El Tea, 14-11-1933, p. 1. Foi elixido presidente da Federación Agraria Provincial de Pontevedra en abril de 1936.El Tea, 24-4-1936, p. 4. Foi elixido compromisario para a elección do presidente da República en 1936.El País, 25-4-1936, p. 1.El Ideal Gallego, 28-4-1936, p. 4.
Notas
Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Concelleiros de Lavadores Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Mos
Categoría:Nados en ano descoñecido
Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Carpinteiros