miniatura|dereita|320px|Vista do castiñeiro de Pumbariños no Souto de Rozavales, que é ademais un monumento natural. Unha árbore senlleira na lexislación galega é unha árbore autóctona ou importada que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, rareza, beleza, significación histórica, cultural ou científica etc.) é considerada reliquia botánica. Coa súa declaración, son obxecto de protección, concédeselle garantía de respecto comunitario e foméntase o seu valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. A figura de "árbore senlleira" é similar a figuras de protección doutras autonomías españolas e doutros estados europeos.
En Galiza a figura creouse coa "Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza", e que creou o "Catálogo Galego de Árbores Senlleiras de Galicia" e regulou o seu proceso de declaración. Co "Decreto 67/2007, do 22 de marzo" concretouse ese proceso de declaración e conservación desas árbores. Na creación do catálogo, no 2007, engadíronse varios monumentos naturais que xa foran creados polo interese de conservación das súas árbores: a Fraga de Catasós, o Souto da Retorta e o Souto de Rozavales.
En Galiza en 2020 estaban declaradas 197 árbores ou formacións arbóreas de 78 especies, entre as cales se atopan carballos, castiñeiros, teixos e sobreiras (entre as especies de árbores autóctonas) e camelias, sequoias ou alciprestes (entre as especies ornamentais ou importadas).
Catálogo de árbores senlleiras miniatura|A vella oliveira de Vigo do Paseo de Afonso XII, símbolo da cidade. miniatura|Árbore das bruxas, Metrosideros excelsa, na policía local da Coruña A "Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza" creou no seu "Tit. I Cap. II artigo 52" a figura de catálogo de árbores senlleiras que no que se indica que se deben incluír aqueles exemplares ou formacións dos que, polos seus valores ou intereses natural, cultural, científico, educativo, estético ou paisaxístico, sexa necesario asegurar a súa conservación. Ese catálogo de árbores senlleiras elaborouse e regulouse no 2007 co "Decreto 67/2007, do 22 de marzo", coa finalidade de definir a súa forma de declaración, conservación e descatalogación. Esta figura conservouse coa aprobación da "Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia".
A lexislación establece que a candidatura de árbores senlleiras pode ser iniciada por entidades públicas ou privadas e estas estar en terreos de diferente titularidade. Á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras estúdase a idade dos exemplares, relevancia cultural (criterios históricos e tradicionais), valor estético (criterios estéticos e dendrométricos), rareza (criterios biolóxicos e ecolóxicos) na súa situación ou na súa distribución (criterios de situación) etc. O obxectivo é fundamentalmente protexelas de riscos e ameazas, garantindo a súa conservación. Nos exemplares incluídos no catálogo poderanse levar a cabo, baixo a supervisión da administración, todo tipo de tratamentos silvícolas e actuacións encamiñadas á súa protección, conservación e mellora.
Críticas Algunhas críticas ao catálogo xestionado por parte da Xunta foi que non actualizasen a listaxe ata o ano 2015. Dende 2011 desapareceron algunhas árbores senlleiras e outras encóntranse en risco extremo de morte ou desaparición. Entre estes exemplares figuran a magnolia do Pazo de Santa Cruz (Vedra); o piñeiro manso dos Candeiras (en Ponteareas), o piñeiro bravo de Alxén (en Salvaterra de Miño); unha faia do Parque de Castrelos (en Vigo); media ducia de carballos centenarios da Carballeira de Caldas de Reis; un par de alciprestes de California do peirao de Ortigueira; o olmo de Holanda do Pazo de Lourizán (en Pontevedra); o rododendro de Serantellos (en Cambados) e o chopo branco do Balneario de Cuntis (xa desaparecido por mor dun vendaval en 2013). O cocoteiro de Chile do pazo de Meirás sucumbiu por mor do picudo vermello en 2024.
A situación do teixo dos Tenreiro, en Pontedeume, era tamén críticaNoticia en El País, de xullo de 2014. e foi descatalogado en 2020.
Listaxes miniatura|O eucalipto coñecido como "O Avó" do Souto da Retorta. Pódese apreciar o groso do toro.
Entre as árbores senlleiras galegas destacan aquelas que foron declaradas monumentos naturais. Son:
A Carballa da Rocha: esta formación arbórea atópase en Rairiz de Veiga á beira do río Limia preto da antiga Lagoa de Antela. Está na contorna do ZEC da Veiga de Ponteliñares. Destaca por un carballo, Quercus robur L., de grandes dimensións e cando menos 400 anos. Nesta carballeira celébrase a romaría da saínza.
A Fraga de Catasós, a Carballeira ou Souto de Quiroga: é unha fraga que se atopa en Quintela, na parroquia de Catasós (Lalín). É un bosque mixto de carballos (Quercus robur L.), e castiñeiros (Castanea sativa). Os castiñeiros chegan a máis de 30 metros de altura e 5 metros de perímetro basal.
O Souto da Retorta: esta formación, que se atopa na parroquia de Chavín (Viveiro) á beira do río Landro, é fundamentalmente un souto. Nel destaca, porén, o eucalipto azul coñecido como O Avó. Malia non ser o exemplar máis alto do conxunto arbóreo da Retorta, é o máis sobresaínte polo seu grosor e por ser o máis ancián desta paraxe (ten entre 120 e 130 anos). Acada os 61,8 metros de altura, ten 7,6 metros de perímetro e un volume de 75,2 metros cúbicos. É considerada a árbore máis grande de Galiza e de España, e unhas das máis grandes de Europa. Este souto atópase en parte dentro do ZEC Río Landro.
O Souto de Rozavales: son soutos mansos galegos de castiñeiros, que se atopan en Manzaneda. Este souto adevesado e en xeral enxertado empregouse para obter madeira e castañas e pode ter preto de 1.000 anos. A súa árbore máis singular é o castiñeiro de Pumbariños, que ten un perímetro basal de 13 metros e unha base de 1,90 metros. Este souto atópase na ZEC do Macizo Central.
Listaxe de árbores senlleiras de Galiza A seguir amósase a listaxe oficial do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza da Xunta de Galicia actualizada cos datos do ano 2025.