miniatura|Tres dos últimos secretarios xerais das XSG, José Manuel Lage, Alfredo Rodríguez e Dolores Rodríguez reunidos co gallo dos cen anos das Juventudes Socialistas de España. Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) é unha organización política xuvenil, galeguista e socialista. Aínda que é unha organización independente, relaciónase a nivel do Estado Español, e de xeito federal, coas Juventudes Socialistas de España (JSE) e son o referente na mocidade do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG).
Historia e características As primeiras agrupacións locais das XSG xorden nas principais cidades galegas entre 1903 e 1904. Autodefínense coma unha organización que ten os seguintes obxectivos: a liberdade, a igualdade e a solidariedade, o galeguismo, a tolerancia, a participación, o desenvolvemento sostible, o pacifismo, o republicanismo e o federalismo.
Obxectivos Os seus obxectivos son: Ser o referente da mocidade galega na loita polo socialismo, entendido este como a construción dunha sociedade de cidadáns/ás libres e iguais en dereitos, cunha economía ó servizo da sociedade na que non exista ningunha clase de explotación ou discriminación por razón de nacemento, sexo, raza, opinión ou relixión. Traballar por unha sociedade democrática, libre, solidaria e tolerante. Fomentar entre a mocidade galega valores e actitudes baseados nas ideas de igualdade, socialismo, galeguismo, participación social, pacifismo e desenvolvemento sostible. Loitar contra todo tipo de explotación. A defensa dos intereses de Galicia, da súa cultura, da súa lingua, da súa identidade nacional e da súa transformación nunha sociedade de constante progreso. A plena emancipación da mocidade galega.
Liderados Dende xaneiro de 2022 liderada polo ourensán Xurxo Doval. Outros líderes pasados que posteriormente tiveron unha carreira destacada no PSdeG-PSOE foron, entre outros, José Blanco, José Manuel Lage Tuñas ou Aitor Bouza Manso. A continuación detallamos as últimas persoas que ocuparon a Secretaría Xeral:
Jesús Díaz Paz (1996-1999) José Manuel Lage Tuñas (1999-2002) Alfredo Rodríguez Pérez (2002-2005) María Dolores Rodríguez Amoroso (2005-2009) María Torres Pose (2009-2013) Aitor Bouza Manso (2013-2017) Nabor Gonzáñez Fariñas (2017-2018) Aitor Bouza Manso (2018-2019) (dirección provisional) Xurxo Doval Blanco (2022- )
Véxase tamén Outros artigos Socialismo Ligazóns externas Páxina de web das Xuventudes Socialistas de Galicia Páxina de web do PSdeG-PSOE
Categoría:PSdeG-PSOE Categoría:Mocidades políticas de España