Andrew Stuart nado en Nova York o 16 de marzo de 1944, é un profesor universitario de computación na Universidade Libre de Ámsterdam (Países Baixos), tamén coñecido como "Andy" Tanenbaum (ás veces chamado ast)AndyTanenbaumFirstPost .

Tanenbaum é máis coñecido por ser o creador de Minix. Minix é unha réplica gratuíta e moito máis sinxela do sistema operativo UNIX, feita con motivos educativos. Tamén é autor de varios libros de computación.

Traxectoria Licenciouse en física no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), en 1965. En 1971 fixo o doutoramento en física na Universidade de California, Berkeley. Vive nos Países Baixos coa súa muller. En 1987 crea o sistema operativo Minix, un sistema similar a Unix e baseado nel, gratuíto e para uso educativo. Anos máis tarde sería unha das bases do inicio a Linux. En 1992 protagonizou unha conversa con Linus Torvalds polos distintos puntos de vista no que se basearía o futuro da informática e os sistemas operativos. Na súa opinión deberán ser mininúcleos e Towars é partidario dos monolíticos núcleos nos futuros sistemas operativos. Entón dixo o mítico: LINUX is obsolete (en galego, LINUX está obsoleto). Dende 2004 é profesor de Arquitectura de ordenadores e sistemas operativos na Universidade Libre de Ámsterdam (Vrije Universiteit Amsterdam).

Libros Tenenbau é autor de libros de informática e telecomunicacións empregados en universidades e centros de ensino:

Redes de computadores (Computer Networks), ISBN 0-13-066102-3 Sistemas operativos: deseño e implementación (Operating Systems: Design and Implementation), ISBN 0-13-638677-6 Sistemas operativos modernos (Modern Operating Systems), ISBN 0-13-031358-0 Structured Computer Organization, ISBN 0-13-148521-0 Distributed Systems: Principles and Paradigms, ISBN 0-13-088893-1

Notas

Categoría:Personalidades da informática Categoría:Nados en 1944 Categoría:Linux Categoría:Nados en Nova York