Manuel Jesús García Garrido, nado en Fuente de Cantos (provincia de Badaxoz) en 1928, é un xurista e profesor español.

Traxectoria Foi catedrático de Dereito Romano da Universidade de Santiago de Compostela e en 1968 foi nomeado reitor, permanecendo no posto ata 1972. En 1970 o Ministerio de Educación encargoulle un estudo sobre a ensinanza superior a distancia, e o 15 de setembro de 1972 foi nomeado reitor da acabada de crear Universidade Nacional de Educación a Distancia, permanecendo no posto ata 1974. Continuou como catedrático de Dereito Romano da UNED. Foi tamén Director xeral de Persoal do Ministerio de Educación e Ciencia. Recoñecementos En 2011 foi nomeado presidente honorario da Academia Romanística Constantiniana e doutor honoris causa pola Academia das Ciencias de Moscova.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Rectores UNED

Categoría:Reitores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1928 Categoría:Catedráticos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Nados en Fuente de Cantos