Véxase Pinidae para unha introdución a estes grupos
A das cupresáceas (Cupressaceae) é unha familia de coníferas da orde das pinales que inclúe árbores e arbustos sempre verdes, de 1 a 116 m de altura, coma os cipreses, os falsos cipreses, as tuias, os xenebreiros, as sequoias e similares.
A familia está subdividida en sete subfamilias que comprenden uns 27 ou 30 xéneros, segundo os autores, con ao redor de 130 a 140 especies (moitas delas monotípicas, é dicir, que son as únicas do seu respectivo xénero).
En Galiza son moi cultivadas en xardinaría, sendo a única especie autóctona o xenebreiro Juniperus communis L., subespecie nana Syme (=Juniperus nana Willd.), que medra espontaneamente en alturas superiores aos 1700 msnm nos Ancares e en Pena Trevinca.
Características As principais características das cupresáceas son: Son coníferas arbóreas ou arbustivas, perennifolias, monoicas ou dioicas. Follas simples, opostas ou verticiladas, escamiformes ou aciculares, podendo coexistir ambos os tipos, provistas ás veces dunha glándula dorsal. Flores masculinas amentiformes. Flores femininas globosas. Conos maduros leñosos ou carnosos, de maduración anual ou bienal, coas escamas provistas ás veces dun apéndice dorsal. Brácteas e escamas totalmente ou case totalmente concrescentes nunha peza única, albergando de 1 a 20 óvulos.Sementes aladas ou ápteras.
Taxonomía miniatura|260px|Filoxenia da familia das cupresáceas.
Descrición A familia foi descrita en 1830 polo botánico e bioquímico Estados Unidos de América Harley Harris Bartlett.
Etimoloxía O nome científico da familia, Cupressaceae, está formado polos elementos do latín científico Cupress-, tirado do nome do xénero tipo, Cupressus, coa adición do segundo compoñente -aceae, propio dos nomes das familias vexetais (en sentido amplo).Cupressaceae no Merriam-Webster Unabridged Dictionary.
Clasificación
A familia divídese en sete subfamilias, baseadas en análises xenéticas e morfolóxicas, cos xéneros que se indican a continuación: (Gadek et al. 2000, Farjon 2005; unha máis completa filoxenia, baseada en 10.000 nucleótidos de plastos, e secuencias de cromosomas mitocondriais e nucleares de 122 especies, representantes de todos os xéneros pode verse en Mao et al., 2012.
Subfamilia Cunninghamioideae (Zucc. ex Endl.) Quinn Armin Jagel, Veit Dörken: Morphology and morphogenesis of the seed cones of the Cupressaceae - part I. Cunninghamioideae, Athrotaxoideae, Taiwanioideae, Sequoioideae, Taxodioideae. En: Bulletin of the Cupressus Conservation Project 3 (3): 117-136 (PDF) Cunninghamia R.Br. Subfamilia Taiwanioideae L.C.Li Taiwania Hayata Subfamilia Athrotaxidoideae L.C.Li Athrotaxis D.Don Subfamilia Sequoioideae Saxton Sequoia Endl. — sequoias Sequoiadendron J.Buchholz — sequoias xigantes Metasequoia Hu & W.C.Cheng — falsas sequoias Subfamilia Taxodioideae Endl. ex K.Koch Taxodium Rich. — taxodios Nomes galegos preferidos xunto a ciprés dos illós en Termos Esenciais de Botánica. Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo – Universidade de Santiago de Compostela, 2002. Glyptostrobus Endl. Cryptomeria D.Don — criptomeria ou cedro xaponés Taxodiomeria Subfamilia Callitroideae Saxton Armin Jagel, Veit Dörken: Morphology and morphogenesis of the seed cones of the Cupressaceae - part III. Callitroideae. En: Bulletin of the Cupressus Conservation Project 4 (3): 91-103 (PDF) Callitris Vent. Actinostrobus Miq. Neocallitropsis Florin Widdringtonia Endl. Diselma Hook.f. Fitzroya Hook.f. ex Lindl. Austrocedrus Florin & Boutelje Libocedrus Endl. Pilgerodendron Florin Papuacedrus H.L.Li Subfamilia Cupressoideae Rich. ex Sweet Armin Jagel, Veit Dörken: Morphology and morphogenesis of the seed cones of the Cupressaceae - part II. Cupressoideae. In: Bulletin of the Cupressus Conservation Project 4(2): 51-78 (PDF) Thuja L. — tuias Thujopsis Siebold & Zucc. ex Endl. Chamaecyparis Spach — falsos cipreses Fokienia A.Henry & H.H.Thomas Tetraclinis Mast. Microbiota Kom. Platycladus Spach Xanthocyparis Farjon & T. H. Nguyên Cupressus L. — cipreses Juniperus L. — xenebreiros
En Galicia En parques e xardíns de Galicia cítanse, entro outras, as seguintes especies desta familia: Calocedrus decurrens (Torr.) Florin. Cedro de California. Están presentes varios exemplares no Xardín botánico de Padrón e no Paseo da Ferradura de Santiago.. Outro espécime, do xardín do pazo de Torrecedeira en Redondela, figura no catálogo de árbores senlleiras de Galiza elaborado pola Xunta de Galicia.Árbores e formacións senlleiras de Galicia na web da Xunta de Galicia Chamaecyparis lawsoniana (A. Murray) Parl.. Falso ciprés de Lawson (=ciprés de Lawson). É a especie máis diufundida en Galicia; os exempolares de maior tamaño encóntranse no Parque do Carballiño e na Alameda de Santiago. Cupressus sempervirens L.. Ciprés. Moi frecuente nos cemiterios e nos xardíns dos pazos; no cemiterio de Mondoñedo hai dous espécimes de 3,47 e 3,40 m de circunferencia. Así mesmo destaca, pola súa altura, o exemplar acaroado ao muro da capela de San Salvador de Samos, ou capela do Ciprés, sinxela construción relixiosa que data do século IX e que se acha tras do mosteiro de San Xulián de Samos, e que figura no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia. Juniperus communis L.. Xenebreiro. Frecuentemente cultivado en numerosos xardíns de todo o país; hai unha subespecie, Juniperus communis subsp. nana Syme (=Juniperus nana Willd.), que medra espontaneamente en alturas superiores aos 1 700 msnm nos Ancares e en Pena Trevinca. O xenebreiro do Pazo de Mariñán (Bergondo) está icluído no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia. Thuja plicata D. Don.. Tuia xigante. É moi frecuente en todos os parques, sobre todo os cultivares de follas variegadas. A tuia xigante do pazo de Torres de Agrelo (Redondela) figura no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia. Thujopsis dolabrata (L. f.) Sieb. & Zucc. (=Thuja dolabrata L. f.). Tuia pintada. Existen exemplares desta especie no xardín do balneario do Carballiño, no parque de Carballo e no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Castro, Marisa, Luís Freire e Antonio Prunell (1989): Guía das Árbores de Galicia. Autóctonas e ornamentais. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-406-5. Farjon, A. (1998): World Checklist and Bibliography of Conifers. Royal Botanic Gardens, Kew. 300 p. . Farjon, A. (2005): Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. . Farjon, A., Hiep, N. T., Harder, D. K., Loc, P. K., & Averyanov, L. (2002): "A new genus and species in the Cupressaceae (Coniferales) from northern Vietnam, Xanthocyparis vietnamensis". Novon 12: 179–189. Gadek, P. A., Alpers, D. L., Heslewood, M. M., & Quinn, C. J. (2000): "Relationships within Cupressaceae sensu lato: a combined morphological and molecular approach". American Journal of Botany 87: 1044–1057. Ver en liña . Little, D. P., Schwarzbach, A. E., Adams, R. P. & Hsieh, Chang-Fu. (2004): The circumscription and phylogenetic relationships of Callitropsis and the newly described genus Xanthocyparis (Cupressaceae)". American Journal of Botany 91 (11): 1872–1881. ver en liña Mao, K., Milne, R. I., Zhang, L., Peng, Y., Liu, J., Thomas, P., Mill, R. R. and S. S. Renner (2012): "Distribution of living Cupressaceae reflects the breakup of Pangea". Proceedings of the National Academy, USA 109 (20): 7793-7798 Ver en liña. Mitchell, Alan (1979): Guía de campo de los árboles de Europa''. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-549-3.
Outros artigos Pinales
Ligazóns externas Taxonomía das cupresáceas . Descrición da familia Cupressaceae . Descrición da familia Cupressaceae . Arboretum de Villardebelle Imaxes de conos de numerosas especies. Gymnosperm Database: Cupressaceae Flora of China - Cupressaceae . Flora of North America - Cupressaceae .