A caneleira (Cinnamomum zeylanicum ou Cinnamomum verum) é unha árbore tropical da familia das lauráceas. Ten a folla perenne, duns 10–15 m; é orixinaria da Sri Lanka (antiga Ceilán). Aprovéitase como especia a súa codia interna desecada, chamada canela verdadeira, extraída pelando as pólas e se emprega en rama ou moída (en po). Etimoloxía O nome da caneleira/canela podería derivar do vocábulo grego kínamon, mais probabelmente veña do vello francés canele, e este do italiano cannella, diminutivo de canna (cana), pola forma de cana que toma a casca seca da caneleiraEtimoloxía na páxina da Real Academia Española da Lingua. Distribución Na actualidade cultívase ademais da Sri Lanka, na India, no sur da China, Madagascar e no Brasil. Hábitat Require un clima quente e húmido, cunha temperatura media anual entre 24 e 30 °C e unha precipitación entre 2.000 e 4.000 mm anuais ben distribuídos durante todo o ano, condicións que se atopan en altitudes entre 0 e 600 msnm. As mellores plantacións medran en terreos chuviosos, de textura areenta e lamacenta, fondos, con alto contido en materia orgánica e excelente drenaxe. Un chan moi lamacento limitaría o crecemento da planta e esta produciría unha casca de baixa calidade. Descrición Trátase dunha árbore duns 10 metros de altura, mais que cultivada adoita ser máis miúda, tomando forma de arbusto sempre verde. A casca, a parte produtivamente máis importante, é marrón cinsenta e ten un ciclo perenne. O seu talo é de consistencia lígnea. As follas son duns 7-25 × 3–8 cm, teñen forma ovalada e rematadas en punta, de cor verde e brillantes pola face con cinco nervios avermellados, un medial e dous por cada banda arqueados que converxen na base e o ápice, e outro conxunto de nervios que forman un ángulo recto con este; o pecíolo é duns 10 – 20 mm, robusto, cunha sinuosa forma cóncava. As súas flores son hermafroditas (contén o androceo e xineceo na mesma flor), de cor branca ou amarela verdoso e recubertas de pelos, bracteadas e actinomorfas. O perianto é indiferenciado, formado por seis tépalos libres. O xineceo é bi-carpelar e o seu androceo está formado por 9 + 3 estames distribuídos en 3 ou 4 verticilos, que cando se produce a dehiscencia das anteras o fai polo vento. As flores, duns 0,5 cm, agrúpanse en panículas que nacen na axila da folla ou tamén na parte terminal e chegan a ter unha lonxitude semellante á das follas. O froito é unha baga longa elipsoidal duns 12,5 cm de cor moi escura, azulada-negra, cunha única semente no seu interior. Reprodúcese das sementes que contén a baga e tamén por multiplicación vexetativa.
Taxonomía Cinnamodendron verum foi descrita por Jan Svatopluk Presl e publicado en O Prirozenosti rostlin, aneb rostlinar 2(2): 36, 37–44. 1825. Etimoloxía Cinnamomum: nome xenérico que provén do grego Kinnamon o Kinnamomon, que significa madeira doce. Este termo grego probabelmente provén do hebraico quinamom, o cal ten orixe nunha versión anterior ao termo Kayu manis, que na linguaxe de Malaisia e Indonesia tamén quere dicir madeira doce.
Verum: epíteto que fai referencia á especie que provén do Ceilán, a auténtica e a que máis se comercializa, xa que é a que se considera de mellor calidade, e
Zeylanicum fai referencia ao nome do lugar de orixe Ceilán (Sri Lanka). É mencionada na Biblia como especia aromática moi apreciada.Exodo 30:23
A palabra galega canela pode vir do francés cannelle, forma, igual que en galego, diminutiva de canne (cana) que designou a partir do século XVI á cana de azucre. Sinonimia Camphorina cinnamomum (L.) Farw. Cinnamomum aromaticum J.Graham Cinnamomum barthii Lukman. Cinnamomum bengalense Lukman. Cinnamomum biafranum Lukman. Cinnamomum bonplandii Lukman. Cinnamomum boutonii Lukman. Cinnamomum capense Lukman. Cinnamomum carolinense var. oblongum Kaneh. Cinnamomum cayennense Lukman. Cinnamomum cinnamomum (L.) H.Karst. Cinnamomum commersonii Lukman. Cinnamomum cordifolium Lukman. Cinnamomum decandollei Lukman. Cinnamomum delessertii Lukman. Cinnamomum ellipticum Lukman. Cinnamomum erectum Lukman. Cinnamomum humboldtii Lukman. Cinnamomum iners Wight Cinnamomum karrouwa Lukman. Cinnamomum leptopus A.C.Sm. Cinnamomum leschenaultii Lukman. Cinnamomum madrassicum Lukman. Cinnamomum maheanum Lukman. Cinnamomum mauritianum Lukman. Cinnamomum meissneri Lukman. Cinnamomum ovatum Lukman. Cinnamomum pallasii Lukman. Cinnamomum pleei Lukman. Cinnamomum pourretii Lukman. Cinnamomum regelii Lukman. Cinnamomum roxburghii Lukman. Cinnamomum sieberi Lukman. Cinnamomum sonneratii Lukman. Cinnamomum vaillantii Lukman. Cinnamomum variabile Lukman. Cinnamomum wolkensteinii Lukman. Cinnamomum zeylanicum Blume Cinnamomum zeylanicum Breyn. Cinnamomum zeylanicum var. cassia Meisn. Cinnamomum zeylanicum var. cordifolium Hayne Cinnamomum zeylanicum var. foeniculaceum Meisn. Cinnamomum zeylanicum var. inodorum Meisn. Cinnamomum zeylanicum var. microphyllum Meisn. Cinnamomum zollingeri Lukman. Laurus cinnamifera Stokes Laurus cinnamomea Salisb. Laurus cinnamomum L. Laurus montana Link ex Meisn. Laurus rigida Wall. Persea cinnamomum Spreng.[ en PlantList]
A canela
Emprego Moída emprégase nas sobremesas, pasteis, doces etc.; e en rama emprégase para adornar e sazonar algúns pratos. Non obstante, o seu uso máis estendido está no famoso té de canela, producido ao ferver as pólas da canela en auga ata obter a infusión, engadindo azucre.
O uso do té de canela, está moi estendido en México e nas zonas de influencia mexicana, como o sur dos Estados Unidos e América Central, chegando a competir con outras bebidas quentes, como o café e o chocolate. Cómpre resaltar que o té se prepara coa variedade de Sri Lanka.
Tamén é un ingrediente de moitas salsas, curri e outros pratos de oriente, onde se empregan as variedades de Sri Lanka e a China, ademais do po e as follas do caneleiro.
Beneficios medicinais
A canela é empregada dende a antigüidade na España rural para inducir o sono ós nenos, tanto en infusións como fumado. Foi un relaxante que empregaban as nais rurais para durmir ós nenos á hora de ir traballar ao campo. Tamén foi común o seu uso nas mulleres cando tiñan atrasos na menstruación.
Outros dos beneficios medicinais que proporciona a canela é que cando existen abrasións na lingua por comer ou tomar cousas quentes, a barra de canela serve para sedar a dor e cicatrizar as papilas gustativas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Canela Ligazóns externas Ficha da canela en Infojardín.com (en castelán)
Categoría:Árbores Categoría:Cinnamomum