El Amigo de Galicia foi un semanario editado en Ourense entre 1866 e 1867.

Historia e características Semanario dominical aparecido o 14 de xuño de 1866. Editado na imprenta de Agustín Moldes, foi fundado e dirixido por Alejandro Quereizaeta. Tiña as seccións: Editorial, Noticias, Revista extranjera, Variedades, Gacetilla e Anuncios. Cesou a súa edición a principios de abril de 1867.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense

Categoría:Prensa escrita de Ourense

Categoría:1866 en Galicia