A Chaínza é un lugar da parroquia do Obre no concello coruñés de Noia, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 67 habitantes (28 homes e 39 mulleres).

A Chaínza na literatura popular O carballo da Chaínza,/ ten tres carros de madeira:/ un é meu, o outro é teu/ o outro de quen o queira Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 216. No texto: Chainza, tén, e teu.. O carballo da Chaínza,/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha mañán de xiada Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192. No texto: Chainza, mañan..

Notas

Lugares e parroquias Lugares do Obre

Parroquias de Noia

Categoría:Lugares de Noia