Durante a tempada 2013–14 o Deportivo da Coruña competiu na Segunda División (afrontando a súa 39ª campaña na categoría de prata) e na Copa do Rei, alcanzando a terceira rolda. Ao remate da tempada ascendeu a Primeira División, ao quedar subcampión da categoría.
Resumo da tempada Xaneiro O mercado de inverno abriuse coa marcha do arxentino Emmanuel Culio ao Al Wasl dos Emiratos Árabes, traspaso que supuxo un ingreso de 300.000 euros para as arcas do Deportivo.
O 10 de xaneiro foi un día clave para o futuro do club, pois presentouse ante o xuíz concursal unha proposta de convenio. Celebrado na Audiencia Provincial da Coruña, obtivo o apoio do 59,44% dos acredores, pero non do acredor principal, a Axencia Tributaria. O maxistrado decidirá cara a finais de mes, momento no que o club contará cun novo Consello de Administración.
Pese á situación convulsa na que vive o club, o presidente Augusto César Lendoiro incorporou dous xogadores para reforzar o cadro: Toché (procedente do Panathinaikos) e Diogo Salomão (cedido polo Sporting de Lisboa).
Na xunta de accionistas celebrada o 21 de xaneiro a candidatura encabezada por Tino Fernández acadou un 72,09% dos votos, alzándose como novo presidente do club.
Xa coa nova directiva durante este mes o equipo reforzouse con varias incorporacións, como a de Bryan Rabello (cedido polo Sevilla até o final da campaña), de Ibrahim Sissoko (cedido polo Wolfsburg), e a de Albert Lopo (procedente do Getafe).
Do mesmo xeito o club anunciou a rescisión do contrato de Kaká (que firmou polo APOEL), así como as cesións de Rudy (ao Belenenses) e Paulo Teles (ao Guijuelo).
Febreiro O 7 de febreiro o xuíz mercantil aprobou o convenio proposto polo Deportivo o pasado 10 de xaneiro (que contempla pagar a débeda do club en 17 anos, con dous de carencia, e tendo logo outros 17 anos para pagar a débeda subsidiaria. Todo cunha quita do 33%). Aínda sen o apoio de Facenda (o principal acredor), a partir desa data cesaron tódolos efectos da declaración de concurso.
O 21 de febreiro, aproveitando unha visita institucional ao presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, anunciouse que no segunda equipamento da tempada 2014–15 lucirá a bandeira de Galicia.
Marzo O 2 de marzo o portugués Diogo Salomão (incorporado no mercado invernal) sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito, perdéndose o que resta da tempada. Para substituílo o club fichou uns días máis tarde ao arxentino Diego Ifrán (cedido pola Real Sociedad).
Maio O 3 de maio o Deportivo xogou contra o Lugo, o partido correspondente á xornada 37, no denominado Derbi do norte, volvendo ao estadio Anxo Carro en partido oficial logo da tempada 1974–75 en Terceira División. O partido rematou en empate (2–2).
O 31 de maio logrou o ascenso matemático a Primeira División a falta dunha xornada, logo de vencer en Riazor ao Jaén (1–0), con gol de Carlos Marchena.
Material deportivo O equipamento do Deportivo foi proporcionado por Lotto e o patrocinador foi Estrella Galicia.
Xogadores Datos do 7 de xuño de 2014 No.Pos.Nac.NomeLigaCopaTotalDisciplinaAppsGolesAppsGolesAppsGoles13px17px13px1PORGermán Lux370003703 2DEFManuel Pablo260102702 3DEFIbrahim Sissoko161001613 4MEDÁlex Bergantiños360103708 5DEFCarlos Marchena223102336 7MEDAntonio Núñez22010230319DIABorja Bastón33100034104 10MEDJuan Domínguez394003948111DIAJavier Arizmendi172001722 13PORFabricio Agosto602080 14MEDBryan Rabello190001901 15DEFLaure Sanabria360003609 16DEFLuisinho Correia3131032381118DIAToché114001141 19DIADiego Ifrán114001141 20MEDCezary Wilk190102005 22DEFDiego Seoane240212612 23DEFAlbert Lopo162001625 24DIALuis Fernández285213063 25MEDJuan Carlos Real28320303 28DEFPablo Insua3931040313 29DEFUxío Marcos2020401 30MEDBicho602080 32DIADani Iglesias102030 33MEDJesús Cañizares002020 34DEFStefan Deak0010102135DEFQuique Fornos001010
Deixaron o equipo durante a tempada No.Pos.Nac.NomeLigaCopaTotalDisciplinaAppsGolesAppsGolesAppsGoles13px17px13px19MEDEmmanuel Culio182001829123DEFKaká Bezerra110101202 8MEDRudy Cachicote180001801 31MEDPaulo Teles402060 17MEDDiogo Salomão610061
Equipo técnico CargoNomeAdestrador Fernando VázquezAsistente Manolo PomboPreparador físico José Ángel FranganilloAdestr. de porteiros Manuel Sotelo
Clasificación
||rowspan=1 style="background-color:#F9F9F9;"|
||rowspan=12 style="background-color:#F9F9F9;"|
Partidos
Pretempada
Segunda División
Copa do Rei
Segunda rolda
Terceira rolda
Notas
2013