La Defensa foi un periódico editado en Mondoñedo entre 1906 e 1909.
Historia e características Subtitulado Semanario tradicionalista, apareceu o 17 de decembro de 1906. Fundado e dirixido por Enrique Costas Márquez, arcipreste da catedral mindoniense, figuraba como redactor xefe o avogado santiagués Carolino Costas Márquez, irmán do director. Entre os seus colaboradores estaban Vicente Saavedra Pardo (profesor do seminario e deán da catedral), Marcelino García González (arquiveiro) e o seminarista Francisco Fanego Losada.
Hebdomadario de propaganda carlista e contidos relixiosos, aberto ao movemento agrarista católico e a Solidaridad Gallega. Publicou artigos sobre a mellora do agro, o progreso agronómico e colaboracións de carácter relixioso, como a Biografía de San Rosendo de Antonio López Ferreiro. Recuperou os discursos pronunciados pola Juventud Carlista de Mondoñedo e reproduciu creacións poéticas e prosaicas de Lambda, Ormán, Vicente Saavedra e Gacira. Só esporadicamente publicou algún poema en galego. Cesou a súa edición o 17 de xuño de 1909, e foi substituída por La Semana.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita de Mondoñedo Categoría:Prensa carlista Categoría:1906 en Galicia Categoría:Prensa católica