Lo (ou Loh) é unha illa da cadea das Illas Torres na provincia de Torba en Vanuatu no océano Pacífico. Está situada entre Linua e Toga.

Os 210 habitantes de Lo viven en dúas aldeas: Lungharegi (considerado como o centro administrativo das illas Torres) e Vipaka. Falan o dialecto Lo-toga. A illa está cuberta de espesa vexetación mide 6 quilómetros de longo e 2 km de largo. Ten unha superficie de 14 km² e unha altura máxima de 155 metros. Na illa só hai dúas mamíferos nativos coñecidos. Trátase de dúas especies de morcegos: Pteropus tonganus e Hipposideros cervinus.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Illas de Vanuatu