Sebastián Ariel Méndez Pardiñas, nado en Buenos Aires o 4 de xullo de 1977, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol arxentino. Xogaba na demarcación de defensa e foi internacional coa selección arxentina. É de ascendencia galega polo que nos campos da Arxentina o coñecían como Gallego Méndez.
Traxectoria Naceu o 4 de xullo de 1977 en Buenos Aires, sendo fillo de emigrantes galegos. Seu pai Enrique era un panadeiro natural do lugar de Xegunde, na Fonsagrada, mentres que súa nai naceu en Carballo.
Debutou con 17 anos co Vélez Sársfield, co que foi campión da Copa Libertadores, da Copa Intercontinental, da Copa Suramericana e logrou tres títulos de Liga nas oito tempadas que militou no equipo.
Este palmarés fixo que o Celta de Vigo se fixase nel e o fichase no mercado de inverno da tempada 2002/03. Dende un primeiro momento gañou o afecto da afección co seu compromiso e entrega no campo.
No Celta viviu grandes momentos como a clasificación e disputa da Copa de Europa e o ascenso a Primeira División pero tamén malos coma o descenso da tempada 2003/04.
Despois de varias lesións que lle impediron ter continuidade o club traspasouno ao San Lorenzo de Almagro, equipo co que volveu gañar o título de Liga. Antes de retirarse aínda xogaría no CA Banfield, no que se convertería no xefe da defensa, axudando a conquistar outra vez o título de Liga, o quinto na súa conta particular. Despois deste último triunfo retirouse de fútbol profesional.
En abril de 2010 fíxose cargo interinamente da dirección do CA San Lorenzo de Almagro trala renuncia de Diego Simeone.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Vélez Sarsfield Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro Categoría:Xogadores do CA Banfield Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores do CA San Lorenzo de Almagro Categoría:Adestradores do Gimnasia y Esgrima de Jujuy