Caito foi un futbolista galego de comezos do século XX que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria Xa xogaba no Real Vigo Sporting Club antes da fúsión deste co Real Club Fortuna de Vigo para dar lugar ao Celta de Vigo en agosto de 1923, pasando a formar parte do cadro de xogadores deste. No Celta compartiría defensa con grandes xogadores como Otero, Juanito Clemente ou Pasarín.

Finalmente retirouse do fútbol en 1927 tras gañar o Campionato de Galicia en catro ocasións, unha co Vigo Sporting (1922/23) e tres co Celta (1923/24, 1924/25 e 1925/26)

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Futbolistas de Galicia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Vigo Sporting Club Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Nados en ano descoñecido