Jefferson Airplane foi unha banda estadounidense de rock formada en San Francisco en 1965. Como pioneiro do movemento do rock pricodélico, Jefferson Airplane foi o primeiro grupo da escena de San Francisco en acadar éxito comercial e de crítica entre o gran público.

A banda actuou nos tres festivais de rock máis famosos dos Estados Unidos nos anos 60, Monterey (1967), Woodstock (1969) e Altamont (1969), ademais de ser cabeza de cartel no primeiro festival da Illa de Wight. As súas gravacións tiveron éxito internacional, e a banda conseguiu dous sinxelos top 10 nos Estados Unidos e un feixe de álbums top 20. O seu disco de 1967 Surrealistic Pillow está considerado como unha das gravacións clave do chamado "Verán do Amor" e levou ao recoñecemento internacional do grupo. Dous éxitos do álbum, "Somebody to Love" e "White Rabbit", aparecen listadas entre as 500 mellores cancións de todos os tempos da revista Rolling Stone.

Bandas sucesoras de Jefferson Airplane son Jefferson Starship e Starship; e dela derivou tamén Hot Tuna e KBC Band. Jefferson Airplane foi incluída no Rock and Roll Hall of Fame en 1996.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Jefferson Airplane Takes Off 1966 RCA Victor Surrealistic Pillow 1967 RCA Victor After Bathing at Baxter's 1967 RCA Victor Crown of Creation 1968 RCA Victor Volunteers 1969 RCA Victor Bark 1971 Grunt Records, RCA Records Long John Silver 1972 Grunt Records, RCA Records Jefferson Airplane 1989 Epic Records

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais formados en 1965 Categoría:Grupos musicais de San Francisco Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de folk rock